Poema Cantigas de Santa María 1 de Alfonso X el Sabio

Cantigas de Santa María 1

de Alfonso X el Sabio

Des oge mais quer' eu trobar
pola Sennor onrrada,
en que Deus quis carne fillar
beyta e sagrada,
por nos dar gran soldada
no seu reyno e nos erdar
por seus de sa masnada
de vida perlongada,
sen avermos pois a passar
per mort' outra vegada.

E poren quero começar
como foy saudada
de Gabriel, u lle chamar
foy: «Benaventurada
Virgen, de Deus amada:
do que o mund' á de salvar
ficas ora prennada;
e demais ta cunnada
Elisabeth, que foi dultar,
é end' envergonnada».

E demais quero-ll' enmentar
como chegou canssada
a Beleem e foy pousar
no portal da entrada,
u paryu sen tardada
Jesu-Crist', e foy-o deytar,
como moller menguada,
u deytan a cevada,
no presev', e apousentar
ontre bestias d'arada.

E non ar quero obridar
com' angeos cantada
loor a Deus foron cantar
e «paz en terra dada»;
nen como a contrada
aos tres Reis en Ultramar
ouv' a strela mostrada,
por que sen demorada
veron sa offerta dar
estranna e preçada.

Outra razon quero contar
que ll' ouve pois contada
a Madalena: com' estar
vyu a pedr' entornada
do sepulcr' e guardada
do angeo, que lle falar
foy e disse: «Coytada
moller, sey confortada,
ca Jesu, que ves buscar,
resurgiu madurgada.»
E ar quero-vos demostrar
gran lediç' aficada
que ouv' ela, u vyu alçar
a nuv' enlumada
seu Fill'; e poys alçada
foi, viron angeos andar
ontr' a gent' assada,
muy desaconsellada,
dizend': Assi verrá juygar,
est' é cousa provada.»
Nen quero de dizer leixar
de como foy chegada
a graça que Deus enviar
lle quis, atan grãada,
que por el esforçada
foy a companna que juntar
fez Deus, e enssinada,
de Spirit' avondada,
por que souberon preegar
logo sen alongada.
E, par Deus, non é de calar
como foy corõada,
quando seu Fillo a levar
quis, des que foy passada
deste mund' e juntada
con el no ceo, par a par,
e Rea chamada,
Filla, Madr' e Criada;
e poren nos dev' ajudar,
ca x' é noss' avogada.



Analizar métrica y rima de Cantigas de Santa María 1


Comentarios de Cantigas de Santa María 1

comments powered by Disqus