Poema Cantigas de Santa María 169 de Alfonso X el Sabio

Cantigas de Santa María 169

de Alfonso X el Sabio

A que por nos salvar

Esta é dun miragre que fezo Santa Maria por ha sa eigreja que é ena
Arreixaca de Murça, de como foron mouros acordados de a destroir e nunca
o acabaron.

      A que por nos salvar
 fezo Deus Madr' e Filla,
 se sse de nos onrrar
 quer non é maravilla.

E daquest' un miragre direi grande, que vi
des que mi Deus deu Murça, e oý outrossi
dizer a muitos mouros que moravan ant' y
e tian a terra por nossa pecadilla,

 A que por nos salvar...

Da eigrej' antiga, de que sempr' acordar
s' yan, que ali fora da Rea sen par
dentro na Arreixaca, e yan y orar
genoeses, pisãos e outros de Cezilla.

 A que por nos salvar...

E davan sas ofertas, e se de coraçon
aa Virgen rogavan, logo sa oraçon
deles era oyda, e sempre d' oqueijon
e de mal os guardava; ca o que ela filla

 A que por nos salvar...

Por guardar, é guardado. E porende poder
non ouveron os mouros per ren de mal fazer
en aquel logar santo, nen de o en toller,
macar que xo, tian ensserrad' en sa pilla.

 A que por nos salvar...

E pero muitas vezes me rogavan poren
que o fazer mandasse, mostrando-mi que ben
era que o fezesse, depois per nulla ren,
macar llo acordaron, non valeu ha billa.

 A que por nos salvar...

E depois a gran tempo avo outra vez,
quand' el Rei d' Aragon, Don James de gran prez,
a eigreja da See da gran mezquita fez,
quando ss' alçaron mouros des Murç' ata Sevilla;

 A que por nos salvar...

Que enton a Aljama lle veron pedir
que aquela eigreja fezessen destroir
que n' Arraixaca era; e macar consentir
o foi el, non poderon nen tanger en cravilla.

 A que por nos salvar...

Depo[i]s aquest' avo, que fui a Murça eu,
e o mais d' Arreixaca a Aljama mi deu
que tolless' a eigreja d' ontr' eles; mas mui greu
me foi, pa era toda de novo pintadilla.

 A que por nos salvar...

Poren muit' a envidos enton llo outorguei,
e toda a Aljama foi ao mouro rei
que o fazer mandasse; mas diss' el: «Non farei,
ca os que Mariame desama, mal os trilla.

 A que por nos salvar...

Depois, quand' Aboyuçaf, o sennor de Çalé,
passou con mui gran gente, aquesto verdad' é
que cuidaron os mouros, por eixalçar ssa fe,
gãar Murça per arte. Mais sa falss' armadilla

 A que por nos salvar...

Desfez a Virgen santa, que os ende sacou,
que ena Arraixaca poucos deles leixou;
e a sua eigreja assi deles livrou,
ca os que mal quer ela, ben assi os eixilla.

 A que por nos salvar...

E porend' a eigreja sua quita é ja,
que nunca Mafomete poder y averá;
ca a conquereu ela e demais conquerrá
Espanna e Marrocos, e Ceta e Arcilla.

 A que por nos salvar...



Analizar métrica y rima de Cantigas de Santa María 169


Comentarios de Cantigas de Santa María 169