Poema Cantigas de Santa María 371 de Alfonso X el Sabio

Cantigas de Santa María 371

de Alfonso X el Sabio

Como Santa Maria do Porto guariu a moller
que perigoara da pinaça e caera no mar.

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Pero direi un daqueles que pouco temp' á que fez
mui grande e mui fremoso esta Reynna de prez
en Barrameda, que éste muit' a preto de Xerez;
e polo mellor saberdes, oyde-mio a lezer:

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Quando el Rey Don Affonso pobrava aquel logar
do Porto da Santa Virgen e fezera ja lavrar
a ygreja, e vera y de Sevilla per mar
por veer como pobravan e aver ende prazer,

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Muitas gentes y viinnan a aquel logar enton,
os us en romaria, avend' i gran devoçon,
os outros pera pobrarem e por averen quinnon
das herdades que partissem, segundo podess' aver.

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Outros viinnam per lavraren e gãar y seu jornal
que lles davan por britaren pedra ou por fazer cal
ou por lavrar na ygreja da Sennor espirital;
e poren de muitas partes viinnam y guareçer.

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Porem per mar e per terra punnavam y de vir
muitos e de longas terras, e por quant' yam oyr
que os mortos resurgia e os doentes guarir
fazia ali a Virgen, e yam-no y veer.

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Onde foi que de Sevilla ha pinaça chegou
carregada de farinna, e d'omees y entrou
companna e de molleres, e tanto sse carregou
que feriu en as penas e ouve de pereçer,

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Assi que morreron todos quantos andavam ali;
mais ha moller y era e chamou, segund' oý,
Santa Maria do Porto, dizendo: «Eu vou a ty;
porem livra-me de morte pelo teu muy gram poder.»

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Quando aquest' ouve dito, travou logo manamam
dum gram saco de farirma e deitou-ss' em el de pram
de peytos; e macar era mui pesado, tornou tam
leve come se de pallas fosse por non se merger.

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

Ant' ya sobre la agua como se fosse un batel,
e ela ençima dele, chus liviãa que froxel,
chamando: «Santa Maria, Madre de Deus Manuel.»
Assi chegou a Sam Luchas, u a foron reçeber

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.

As gentes aa ribeyra. E pois que souberon ben
seu feit' em com' escapara, loaron muito porem
a Madre de Jhesu-Cristo, que o mund' en poder ten,
e ela foi-ss' ao Porto aa Virgen offereçer.

Tantos vay Santa Maria eno seu Porto fazer
de miragres, que trobando non poss' os mos dizer.



Analizar métrica y rima de Cantigas de Santa María 371


Comentarios de Cantigas de Santa María 371

comments powered by Disqus